BIENAL DE BALCONADAS DE BETANZOS

Cartel Balconadas 2024

 

Betanzos, cidade medieval de pedra e galerías brancas, acolle desde 1988 a Bienal de Balconadas, un certame internacional de pintura que engalana os balcóns de todo o casco histórico durante o verán. Unha convocatoria que xa ten historia.

 

Foi Jesús Núñez, artista brigantino, quen ideou esta proposta coa intención de sacar a arte ás rúas, convertir a cidade nunha galería de arte, sin portas, sin límites, sin paredes, arte a plena luz do día e que permanece na penumbra nocturna.

 

O esquema temporal xeral do Certame, ainda que se establece nas bases de cada convocatoria e así pode sufrir modificacións, ven desenvolvéndose entre os meses de xuño e setembro, de xeito que durante o mes de xuño se realiza a recepción das obras; en xullo a selección, preparación, colgado e exposición ata agosto; en agosto a parte de continuar coa exposición, o xurado decide os premios que son entregados neste mesmo mes; e en setembro prodúcese a devolución das obras non galardoadas, dado que as premiadas quedan en propiedade do Concello de Betanzos.

 

Balconadas, cunha media de 130 obras participantes, converte a Betanzos nun museo ao aire libre con centos de obras de estética moi variada e en moitos casos sorprendentes. Nela participan artistas internacionais de  diferentes  rincóns do mundo, máis de 20 paises de Europa, América, Asia ou África; paises como Suecia, Francia, Suiza, Japón, Portugal, Andorra, Italia, Bulgaria, Luxemburgo, Alemania, Marruecos, México, Brasil, USA, Argentina, Ecuador, Venezuela, Bolivia, Uruguay, Colombia, Canadá, Paraguay, Israel, etc…, que conviven cós artistas nacionais e locais. Todos nos mostran os seus mundos a  través da color, a forma, a  temática  particular e as técnicas máis variadas posibles.

 

Balconadas convida a un paseo pola cidade no que arte e arquitectura se entrelazan invitándonos a disfrutar nun marco incomparable.